Quen somos

Confederación Don Bosco

Somos unha asociación que traballa coas federacións e centros xuvenís salesianos en defensa e promoción da infancia e a xuventude, especialmente a que está en risco de exclusión, a través do protagonismo xuvenil e o estilo educativo de Don Bosco.

9

FEDERACIÓNS

140

CENTROS XUVENÍS

5696

PERSOAS VOLUNTARIAS

42827

PERSOAS BENEFICIARIAS

Misión

A Confederación Don Bosco leva a cabo unha serie de accións e programas no seu labor de prevención, educación e promoción integral de nenos e mozos. A súa execución é levada a cabo polos centros xuvenís e asociacións no ámbito local e polas federacións no ámbito autonómico.

Visión

A Confederación Don Bosco é unha organización salesiana comprometida cos mozos e un referente cualificado no ámbito da mocidade e o tempo libre educativo, que xestiona os seus proxectos con criterios de mellora continua e innovación xunto ás federacións e centros xuvenís.

Valores

  • Unha educación centrada na persoa.
  • Unha educación que se insire na sociedade e a transforma.
  • Unha educación fundamentada na fe e os valores evanxélicos.
  • Unha educación segundo o estilo educativo de Don Bosco.
  • O centro xuvenil é a nosa comunidade educativa..
  • O protagonismo xuvenil é o noso modelo de participación social.
  • A acollida incondicional a todos e todas.
  • A atención preferente á mocidade máis desfavorecida.