App

Aprende xogando

A app Pasaporte 0,0 é unha aplicación que busca poñer a proba as habilidades e capacidades persoais dos adolescentes a través dunha serie de xogos. Trátase dunha app educativa, cun enfoque lúdico, a través da cal se proporciona información relevante sobre as adiccións, á vez que se reflexiona sobre os aspectos positivos que rodean á persoa.

Para traballar na prevención das adiccións e complementariamente á app pódense utilizar os materiais didácticos que se propoñen nesta mesma web.

Xogos

Roscoletra

Serás capaz de completar o rosco adiviñando as palabras que se corresponden coas definicións?

Crebacabezas

Completa o crebacabezas para descubrir a frase motivadora!a!

Adiviña a frase

Dámosche unha pista e, nun tempo determinado, terás que adiviñar as letras para completar a palabra. Demostra o que sabes!

Multiresposta

Comproba os teus coñecementos sobre as adiccións, os seus mitos e sobre cultura xeral con este test!

Clicker

Preme sobre as palabras con experiencias/actividades que che parezan positivas para a saúde e deixa pasar as negativas!

Máis opcións ...

Multixogador

Atrévete a retar ás túas amigas y amigos usando a opción multixogador!

O meu pasaporte

Onde te levará o Pasaporte 0,0? Consigue selos e descubrirás os lugares que che ten reservados!

Retos

Supera os retos diarios e conseguirás pistas e sumar moitos puntos!