Confederación Don Bosco
Somos unha asociación que traballa coas federacións e centros xuvenís salesianos en defensa e promoción da infancia e a xuventude, especialmente a que está en risco de exclusión, a través do protagonismo xuvenil e o estilo educativo de Don Bosco.

9
FEDERACIÓNS
140
CENTROS XUVENÍS
5696
PERSOAS VOLUNTARIAS
42827
PERSOAS BENEFICIARIAS
Misión
A Confederación Don Bosco leva a cabo unha serie de accións e programas no seu labor de prevención, educación e promoción integral de nenos e mozos. A súa execución é levada a cabo polos centros xuvenís e asociacións no ámbito local e polas federacións no ámbito autonómico.
Visión
A Confederación Don Bosco é unha organización salesiana comprometida cos mozos e un referente cualificado no ámbito da mocidade e o tempo libre educativo, que xestiona os seus proxectos con criterios de mellora continua e innovación xunto ás federacións e centros xuvenís.Valores
- Unha educación centrada na persoa.
- Unha educación que se insire na sociedade e a transforma.
- Unha educación fundamentada na fe e os valores evanxélicos.
- Unha educación segundo o estilo educativo de Don Bosco.
- O centro xuvenil é a nosa comunidade educativa..
- O protagonismo xuvenil é o noso modelo de participación social.
- A acollida incondicional a todos e todas.
- A atención preferente á mocidade máis desfavorecida.